inicio


Castelán Galego
Inicio Contactar por correo elctrónico Anterior Siguiente Recomiéndenos

 Presentación
 Actualidade
 Normativa
 Centro de Documentación
 Información Cooperativa
 Formación
 Bolsa Cooperativa
 Servizos

USUARIO
 

CLAVE



Consello Galego de Cooperativas


¿QUE É O CONSELLO GALEGO DE COOPERATIVAS?


   O Consello Galego de Cooperativas é o máximo órgano de promoción e difusión do cooperativismo na Comunidade Autónoma de Galicia, constituíndose, ademais, como órgano consultivo e asesor das administracións públicas galegas naqueles temas que afecten ao cooperativismo.

   É un órgano colexiado no que participan as diferentes administracións, instituicións e organizacións cooperativistas, interesadas no fomento global do cooperativismo. Converteuse nun nexo de unión entre as proprias cooperativas e os organismos públicos, logrando, desta maneira, unha comunicación permanente e fluída entre ambas partes.


   A sua institucionalización como órgano consultivo e de participación significou a creación dunha plataforma de confluencia estable dos axentes cooperativos, públicos e privados, que sostén as estruturas de participación dun Plano Estratégico que garanta como primeira característica do proceso de planificación, a súa capacidade para implicar activamente ós axentes que interveñen no movemento.

   Para o cumprimento dos seus obxectivos gozará de plena capacidade de obrar, axustando a súa actuación ás previsións contidas na Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e nas normas de desenvolvemento de ela. Ademais da súa normativa específica, ao consello resultaranlle de aplicación as normas previstas nos artigos correspondentes ó título II, capítulo II da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, relativas ós órganos colexiados.


   O Consello Galego de Cooperativas adscríbese á Consellería de Traballo, que lle asignará o persoal funcionario e os recursos económicos suficientes para o seu funcionamento.



¿CALES SON AS SÚAS FUNCIÓNS?

1. Son funcións propias do Consello Galego de Cooperativas:
  1. Facilitar e colaborar na investigación, planificación e execución dos programas de desenvolvemento e fomento do cooperativismo, prestando un especial interese polos programas da Unión Europea, así como promover a educación e formación cooperativa.
  1. Elaborar propostas, dictames e informes en relación coas cuestións que afecten ó cooperativismo.
  1. Realizar estudios e impulsar as accións encamiñadas a facilitar a intercooperación.

  1. Emitir informe, con carácter preceptivo, sobre os proxectos de disposicións legais e regulamentarias e demais normas que afecten directamente ás cooperativas ou as súas organizacións, así como procurar a súa difusión.
  1. Contribuír ó perfeccionamento do réxime legal e institucional do ordenamento socioeconómico da Comunidade Autónoma de Galicia.
  1. Conciliar e exercer a arbitraxe nas cuestión litixiosas que se susciten entre cooperativas, entre estas e os seus socios, ou no seo delas entre os seus socios, cando ámbalas partes o soliciten ou ben estean obrigadas a iso en razón ó establecido nos seus estatutos.
  1. Promover a educación e formación cooperativa nos distintos niveis do sistema educativo xeral.
  1. Exercer tódalas accións que resulten necesarias para percibir os fondos irrepartibles, así como o remanente do haber líquido social das cooperativas.
  1. Percibir, planificar e xestionar mediante un programa específico os fondos de formación e promoción nos supostos previstos na Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia.
  1. As demais funcións que lle atribúa a Lei de cooperativas de Galicia e as súas normas de desenvolvemento.

2. Para o cumprimento dos seus fins, o Consello Galego de Cooperativas poderá participar nos organismos e nas institucións que contribúan ó desenvolvemento socioeconómico de Galicia, así como naqueloutros que poidan corresponderlle.




¿CAL É A SÚA COMPOSICIÓN?

  1. O Consello Galego de Cooperativas estará integrado polos seguintes membros:
    •   PRESIDENTE: Conselleira de Traballo e Benestar
         - Dna. Beatriz Mato Otero.
    •   Director Xeral de Relacións Laborais
         - D. Odilo Martiñá Rodríguez
    •   7 representantes de Cooperativas
    •   3 representantes de AGACA
         - D. José Luís López Vázquez, Vicepresidente
         - D. Manuel Carlos Gómez Díez
         - D. Higinio Mougán Bouzón
    •   1 representante de UCAFE
         - D. Manuel Domínguez Rodríguez
    •   1 representante de UCETAG
         - Dna. Olga Mª Rosa Amoedo Cabrera
    •   1 representante de UGACOTA
         - Dna. María del Mar Pernas Márquez
    •   1 representante de SINERXIA
         - Dna. Ana Rosa Lorenzo Vila
    •   1 representante das Universidades Galegas
         - D. José Manuel García Vázquez
    •   1 representate de Cooperativas de Crédito
         - D. Manuel Varela López, representante de Caixa Rural Galega
    •   1 representante da Consellería do Mar
         - Dna. Susana Rodríguez Carballo
    •  1 representante da Consellería do Medio Rural
         - D. José Álvarez Robledo
    •   1 representante da Consellería de Traballo e Benestar
         - D. Andrés Hermida Trastoy
    •   1 representante da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
         - D. José Manuel Pinal Rodríguez
    •   1 representante da Federación Galega de Municipios E Provincias (FEGAMP)
         - D. Félix Porto Serantes
    •   Secretario:
          - Manuel Ángel Pérez Losada, xefe do servizo de Cooperativas e Economía Social
  1. O consello tamén contará cun secretario, que actuará con voz pero sen voto. Existirá un suplente de cada un dos vocais do consello e do secretario.
  1. O consello poderá convocar ás reunións dos seus órganos a calquera persoa ou entidade que poida colaborar na consecución dos seus obxectivos, que asistirán con voz pero sen voto. A través do regulamento de réxime interno, poderá determinarse o resto de condicións de asistencia e participación e os criterios para a realización da convocatoria, especialmente daquelas asociacións que non conten con representación no consello, cando se traten asuntos propios da clase de cooperativas que agrupan.




 
Mapa de www.cooperativasdegalicia.com

Información Xeral

Benvida ao portal

As cooperativas

Consello Galego de Cooperativas
Direccións de utilidade

Actualidade

Últimas novas

Novas de prensa

Normativa

Disposicións

Axudas e subvencións

Centro de documentación

Biblioteca

Monográficos especiais
Estatísticas
Asesoría cooperativa
Salón de vídeos

Información Cooperativa

Mapa de cooperativas

Consultoría
Foro

Formación

Cursos presenciais

Teleformación cooperativa
Aula virtual

Bolsa Cooperativa

Bolsa de emprego

Bolsa de socios
Área de emprendedores

Servizos

Taboleiro de anuncios

Enlaces de interese
O Tempo
Repositorio

Webs do Consello

Ideas Cooperativas en Acción
Día do Cooperativismo Galego 2007
Día do Cooperativismo Galego 2008
Día do Cooperativismo Galego 2009
Recursos educativos
Plan Estratéxico
Intercooperar
Investigación e innovación

Proxectos Europeos
Nexus Rede
Proxecto DESQOOP


Consello Galego de Cooperativas
- Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE