 ESTE CURSO ENMÁRCASE NA PROGRAMACIÓN FORMATIVA DO CONSELLO GALEGO DE COOPERATIVAS PARA O ANO 2009.
 Este curso de Formación Cooperativa Nivel Básico edición 1 forma parte da oferta formativa do Consello Galego de Cooperativas para o ano 2009.
Para realizar os cursos, o alumnado deberá dispoñer dunha conexión a internet de 1 Mb ou superior e un enderezo de correo electrónico.
 Dar a coñecer ás persoas socias e traballadoras das cooperativas e as persoas interesadas as particularidades desta fórmula societaria, así como as áreas a ter en conta para un bo funcionamento destas entidades.
 Os cursos diríxense prioritariamente á cooperativistas, empregados/as de cooperativas, persoas implicadas en grupos promotores e, no caso de que haxa prazas dispoñibles, todas aquelas persoas interesadas nesta formación.
 UD1. Introducción ó Cooperativismo.
UD2. Organización social e empresarial nas cooperativas.
UD3. Réxime económico e fiscal nas cooperativas.
UD4. Avaliación do Cooperativismo.
 O criterio de valoración basearase na participación do alumnado no curso a través das ferramentas de comunicación e autoavaliación das que dispón a plataforma, a realización axeitada das actividades propostas pola titora e a resolución das probas de avaliación.
 Darase prioridade a entrada ao curso as persoas socias e traballadoras de entidades cooperativas.
 Participación nos foros.
Resolución axeitadas das actividades prácticas propostas pola titora.
Realización das probas de avaliación e autoavaliación contidas nos materiais formativos e na plataforma.
Superar o exame de contidos ou o caso final proposto.
 Para mais información contacte co 697 877 773.
|